O Concello acaba de aprobar o gasto de máis de 10.000€ para facer uns baños no Pazo da San Marco (o que eles chaman Pazo da Crega).
O edificio, coñecido xa coma “O Escorial de Landín”, segue en obras; o que algúns ven coma unha vantaxe, xa que ó non ter que cumprir ningún requisito en concreto o mesmo serve para un concerto, unha gala popular, unha enchenta, un almacén ou unha conferencia, aínda que o seu destino máis habitual é o de “fondo de postal” para xuntanzas populares e o de furancho.
Era o máis barato: maquillalo por fora ainda que por dentro non teña contido (¿de qué me sonará este tipo de política?). Así todos contentos.
Rematado (máis ou menos) o castelo, o pazo é o novo xoguete-Frankenstein de Landín, no que da rienda solta á súa incomprendida creatividade arquitectónica: primeiro valeirámolo para enchelo de formigón, e logo xa iremos vendo qué se nos ocurre…
Pois agora ocurríronselle os baños… non hai suelo, e a iluminación é de verbena, pero vai haber baños…
Aínda que, polo precio, non sabemos se é que van ter os grifos de ouro ou se disporán de modernos dispositivos que limpan sólos os cús…
Preguntádelle a algún veciño que fixera hai pouco un baño, a ver cánto lle custou e botade contas.
O caso é que, por fin (e eso sí que non te precio), estes todos da foto, xa poden ir cagar…




