Os concellos da bisbarra rexistran un descenso do desemprego salvo Barro e A Lama

diario pontevedra

Unha vez máis, o descenso do desemprego foi xeneral na bisbarra pontevedresa, onde só houbo dúas excepcións: Barro, que viu a súa lista do paro incrementada en catro persoas, e A Lama (+6).
No resto de concellos abril deixou tras de si novos empregos, destacando os casos da propia Pontevedra, Poio (que pechou o mes con 82 desocupados menos), Vilaboa (-26) e Cotobade (-24).
En total a bisbarra reúne 12.179 persoas sen traballo (324 menos que en marzo) e segue o ronsel do acontecido nos concellos de arredor, onde a tónica xeral foi a creación de emprego.
Chaman a atención os concellos que integran as bisbarras doSalnés e O Morrazo, nos que a baixada do paro foi común a todos eles. Tamén é salientable o caso da bisbarra de Caldas de Reis, onde só un concello (Moraña) rompeu a tendencia á baixa con seis desempregados máis que en marzo. PROVINCIA. A nivel provincia o paro descendeu en 2.680 persoas, situando o cómputo total nas 97.695 persoas, e a nivel das grandes cidades de Galicia, máis do mesmo. Todas elas experimentaron unha diminución da desocupación, axudadas polo tirón da Semana Santa e a creación de novos postos.
Por outro lado, a Asociación de Traballadores por Autónomos de Galicia (ATA) informou onte de que todas as provincias galegas gañaron persoas inscritas por conta propia na Seguridade Social, o que tamén explica o aumento das afiliacións. Entre elas está incluída Pontevedra, onde sitúa 176 autónomos máis (tras un crecemento do 0,3%).

rajoy en paro

Deixar un comentario