O sabio de Portadeconde

diario

PORTADECONDE. Nacido o 17 de abril de 1788 nunha familia que cualificou como de «escasa fortuna», no lugar de PortadecondeDomingo Fontán cursou os seus primeiros estudos en dous lugares do lindante municipio de Barro, Baliñas e Búa. A súa vida deu un xiro aos doce anos, cando un tío seu, o sacerdote Sebastián Rodríguez, se fixo cargo da súa educación.

Baixo a tutela do ensotanado iniciou unha nova etapa a cabalo entre Noia, unha localidade na que florecía o comercio e era a referencia das actividades que se desenvolvían en Lousame, e Teoloxía, Matemáticas, Astronomía, Dereito, Filosofía e linguas Españolas e Francesa figura no expediente académico de DomingoFontán, que foi secretario da Deputación de Galicia e deputado en Cortes, e elaborou a primeira Carta Xeodésica siguendo un método científico.

O papel do xeógrafo de Portas

ENTRE VIAXE E VIAXE por Galicia, para elaborar o seu primeiro mapa, o xeógrafo e matemático de Portas Domingo Fontán Rodríguez tivo tempo para dedicarse á elaboración do papel na fábrica do Castro, situada no municipio coruñés de Lousame. Non foi o seu fundador, como figura en numerosos textos, e de aclaralo encargouse o seu tataraneto e presidente da fundación que estuda a súa obra e legado, Miguel Ángel Camargo, con motivo dunha homenaxe que lle foi tributada en Santiago, senón que se ocupou da súa dirección no período comprendido entre 1820 e 1823.
Da actividade realizada na factoría que se alimentaba dos ríosVilacoba e San Xusto é posible facerse unha idea observando o grandioso edificio ocupado pola factoría, de planta rectangular, con cuberta a dúas augas e case un centenar de ventás dispostas seguindo un criterio funcional, xa que servían para ventilar o interior do inmoble, composto por baixo e catro niveis.
A auga, recollida río arriba, chegaba a través dunha canle de pedra de gran capacidade e notable lonxitude. A papeleira, asentada sobre un castro, foi fundada no ano 1863 e depositaria do encargo de fabricar o papel de oficio utilizado polo Goberno, indica Carré Aldao no seu libro ‘Xeografía do reino de Galicia’.
Daquel tempo mantense a estrutura do edificio que figura como un ben catalogado, coa súa balconada sobre un pórtico sostido por ménsulas e piares de canterías que parecen desafiar o paso do tempo. As árbores crecen entre as catro paredes que se manteñen en pé, como testemuño silencioso dun tempo en que a industria florecía nas beiras dos ríos, primeiro papeleiras, curtidores e muíños, e despois serradoiros, antes de dar paso ao abandono.

portadeconde

Deixar un comentario