Crece o uso da PO-308 e a PO-531, as estradas autonómicas máis saturadas de toda a provincia

faro de vigo

Cada vez que un condutor sae da zona urbana de Pontevedrautilizando a ponte da Barca debe saber que a continuación deberá enfrontarse a dous dos viais máis saturados de tráfico da rede de estradas da Xunta. Trátase da PO-531 (o vial entre a capital eVilagarcía) e a PO-308 que comunica a cidade do Lérez con Poio eSanxenxo pola costa. En ambos os dous casos o seu uso aumentou en 2104 con respecto ao ano anterior. O vial que atravesa Poio xa alcanza en San Salvador os 16.570 vehículos diarios, 600 máis que fai un ano, e a estrada que cruza Campañó e Alba rexistra os 18.091 coches en Curro, cun incremento similar.
Son, polo tanto, os dous viais máis saturados da rede autonómica, mesmo con máis tráfico que vías de dobre carril da Xunta as anteriormente citadas ou a autovía do Salnés, onde o tránsito diario é duns 15.000 vehículos de media. Se xa ao longo do ano aPO-308 presenta cifras moi elevadas de uso, en verán dispárase. En agosto pasado chegouse aos 30.326 coches cada xornada, unha cifra algo superior aos 19.973 contabilizados cada día no mesmo mes na PO-531. Son tamén dous viais con proxectos de mellora de seguridade pendentes de execución dende hai anos.
É, ademais, significativa a elevada porcentaxe de vehículos pesados que ten a estrada de Vilagarcía, case o 8% do uso total, o que dá unha idea da súa importancia para a armazón empresarial e económica da provincia, non en van, é a principal conexión sen peaxe entre a capital e Vilagarcía, a terceira cidade da provincia. Isto corrobórao o feito de que o tráfico sexa intenso os días laborables e caia bruscamente os fins de semana, sobre todo o domingo, con menos de 13.000 coches.

http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2015/04/27/crece-po-308-po-531/1228647.html?oauth_comprueba=1

curro 70 accidentes

Deixar un comentario