O rogo (ou solicitude) do voto pode realizarse ata o 25 abril
O primeiro paso sería a inscrición no censo de residentes temporais (ERTA), para facer despois o rogo do voto. O rogo (ou solicitude) do voto pode realizarse dende a convocatoria de eleccións (publicouse o pasado 31 de marzo) ata 25 días despois desa data, polo tanto ata o 25 abril. No ERTA, o rogo do voto debe facerse de forma presencial, nas embaixadas e consulados. Recoméndase (sobre todo ás persoas que non teñan un consulado preto) realizar de forma conxunta a inscripción no censo de residentes temporais e o rogo de voto ao mesmo tempo, para aforrar unha viaxe.
Unha vez realizada a inscrición no censo e o rogo do voto, o resto do proceso é exacto ao do voto por correo dende calquera punto do interior do Estado
Unha vez realizados eses dous primeiros trámites, que en principio deberían ser automáticos, sen limitacións ligadas ao tempo que unha persoa leva residindo nese país ou outras cuestións, o resto do proceso é exacto ao do voto por correo dende calquera punto do interior do Estado. Cada persoa recibirá no seu domicilio as papeletas e os sobres, acompañados das instrucións para exercer o voto “non máis tarde do día 4 de maio ou do 12 de maio se se producise impugnación de candidatos”. O voto realízase por correo certificado, remitíndoo á mesa electoral “ata o día 20 de maio (inclusive)”. Será indispensable para a validez do voto “que conste claramente no sobre dirixido á Mesa electoral o selo dunha oficina de correos del Estado correspondente que acredite que se remitiu dentro do prazo previsto”.
