Unha persoa resultou ferida o pasado luns ao caerlle enriba unha portaría de fútbol nunhas instalacións municipais de San Antoniño, Barro.
Segundo confirmou o alcalde, un home adulto, duns 40 anos de idade, encontrábase o pasado luns no citado parque, onde hai dúas portarías para que xoguen os rapaces, cando se lle caeu enriba unha delas, presuntamente, despois de colgarse co seu peso do longueiro desta.
O alcalde precisou que «uns familiares viñeron a informar no Concello. Parece que esta persoa resultou ferida, que puido ter fracturas as costelas e que ou accidente se produciu na instalación municipal, pero, de momento, non podemos aventurar nada, porque non traían un parte médico oficial,».
O alcalde, que sinalou que non dúbida da versión ofrecida ata o momento polos familiares, afirma que a instalación é municipal, pero, de momento, pediu prudencia ao analizar o suceso, pois se descoñecen as circunstancias deste accidente, é dicir, se se debeu a problemas na ancoraxe do elemento, ou se, pola contra, o veciño puido facer un mal uso deste ou cometer unha imprudencia.

