Non entendades mal: non poden inaugurar obras rematadas, pero a lei non di nada de inaugurar obras sen rematar, debuxos, realidades virtuais ou primeiras pedras.
http://pontevedraviva.com/xeral/18983/vivero-empresas-barro-meis-albergara-16-emprendedores-verano/
A ver se o entendín ben: vanse gastar 2.500.000€ (670€ por veciño; multiplica polos que sodes na casa) en construir un edificio para poñer ó servicio de 16 emprendedores 16 en ciclos de dous anos…
…é dicir, que sen ter en conta os gastos de amoblamento, consumos e mantenemento do edificio, nun ciclo de dez anos pensan invertir maís de 15.500€/ano en cada un dos 16 emprendedores…
Brillante… moi brillante… Xa poden crear emprego en Barro eses emprendedores para merecer tantos cartos.
Estaremos atentos a ver quen son os afortunados seleccionados dos que sen dúbida dependerá o futuro do concello…
Entretanto, a ver se alguén explica por qué no cartel pon Barro-Meis se está construido en Barro con cartos de Barro. Non sei vos, pero eu non vexo a Jose Luis na foto…


