Conceden 94.125 euros para obras en infraestruturas deportivas en Barro

LOGO PONTEVEDRA VIVA BARRO

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou este xoves destinar unha subvención de 94.125 euros  ao Concello de Barro é para instalar unha liña de media tensión subterránea, un centro transformador e levar a cabo a reforma da liña aérea de baixa tensión existente no campo de fútbol de San Antoniño.

O traballo forma parte do acondicionamento deste campo de fútbol, que implicará melloras tanto de instalacións como de acondicionamento e obra civil. A subministración de enerxía eléctrica será de 20 quilovatios de tensión, construirase unha rede subterránea e unha frecuencia de 50 herzios. O prazo de execución será de mes e medio.

http://pontevedraviva.com/xeral/18758/conceden-mais-222000-euros-obras-infraestruturas-deportivas-barro-vilalonga/

campofutbol OUTEIRO_800

Deixar un comentario