O veciño denfrente quérevos agradecer o apoio e interés amosado por vos estes meses de insistente existencia.
Por eso coido que é importante celebrar este pequeno gran éxito que vimos de acadar:
Entre todos, en catro meses, conseguimos que o Concello se decida, por fin, a acometer as obras de remate das beirarrúas.
Xa sei que non é así como o vende a nota de prensa. Eles chámanle “humanización” porque entenden que vai deixar de ser para os cans e pasará a ser para as persoas. En realidade enrevésano máis:
“O plan máis destacado, dado que suporá un importante cambio na fisionomía da vía, é a humanización e pavimentación da rúa Areal e da contorna do tanatorio. Un obra que consistirá na implantación dun novo chan, tanto na calzada como nas beirarrúas; e na eliminación de barreiras arquitectónicas, creando un espazo propicio para o esparexemento das persoas.
Non pensedes que é un regalo, ou froito dun delirio pre-electoral: É o que se vos debía, porque a lei di que as urbanizacións non se poden recibir por parte dun concello ata que están completamente rematados os seus elemento públicos (mirade o que está pasando en Pontevedra coa de Tafisa).
Pero tamén é un roubo, porque esa intervención debería ser pagada con fondos do propio proceso urbanístico que é ese delirio inacabado que hai entre a nacional e o tanatorio.
Os 250.000€ que se van enterrar ahí son cartos furtados a outras intervencións máis necesarias que poderían servir para “humanizar” os núcleos (saneamento, traída de auga, internet…), para baixar taxas e impostos ou para ofrecer mellores servicios.
Claro que que teñades auga e alcantarillado só lle importa a cada un na súa casa, e pola feira dos domingos pasades todos.
O dito: esparexédevos, persoas humanizables…
PD.- Tamén vai no lote (non hai por qué desmerecelo) conectar os radiadores da biblioteca cos do concello, para cando Louzán veña inaugurar a caldeira de biomasa que viña de regalo de promoción co césped artificial.
