Tras as pegadas do urbanismo desaforado

PORTADA faro-de-vigo

Un proxecto impulsado por tres enxeñeiros e un arquitecto recolle na web “nacionrotonda.com” case 700 imaxes coa pegada que deixaron no campo español os macroproxectos urbanísticos que se impulsaron en tempos de bonanza e que despois a crise retardou, paralizou ou afundiu. A golpe de Google Earth mostran algúns dos que causaron un maior impacto no ámbito. Cinco deles enPontevedra, urbanizacións que non acaban de callar como a daGranxa en Sanxenxo ou Valdecorvos, polígonos industriais como o de Nantes ou Barro-Meis, así como grandes infraestruturas como o nó de Curro.
Embriagada pola euforia que desataba un crecemento económico sen precedentes, España lanzouse entre a década de 1997 e 2007 a un urbanismo desaforado que rematou por cambiar a paisaxe que nos rodea para sempre. Proxectáronse grandes urbanizacións, macropolígonos industriais e amplas infraestruturas para comunicalos. O estalido da burbulla inmobiliaria e a chegada da crise fixo que se baixase de golpe a “borracheira” urbanística na que vivía unha España que agora fai balance dos danos.
Un dos proxectos que máis está a chamar a atención á hora de analizar as consecuencias daquela etapa impúlsano os enxeñeirosMiguel Álvarez, Esteban García e Rafael Trapiello; así como o arquitecto Guillermo Trapiello. A través dunha páxina web, “nacionrotonda.com“, levan xa publicadas case 700 imaxes coas pegadas que deixou este urbanismo desaforado. É, como eles din, un inventario visual do cambio de uso no territorio durante os últimos 15 anos. A golpe de “Google Earth” mostran as cicatrices que deixaron no campo español proxectos que logo a crise retardou, actuacións demasiado ambiciosas que nunca chegaron a ter os resultados que se esperaban. O seu traballo chamou a atención dos principais medios de comunicación nacionais e tamén estranxeiros, como The Guardian.

A busca dalgúns destes macroproxectos urbanísticos no Google Earth tróuxoos ata a bisbarra de Pontevedra. “Nacionrotonda.com” recolle ata cinco casos na área de Pontevedra nos que esta expansión urbanística deixou unha profunda pegada no ámbito. Tres deles están en Sanxenxo.

O primeiro é o parque industrial de Nantes. De iniciativa privada, este gran polígono duns 600.000 metros cadrados tería que terse enchido en 2006, non obstante, as súas parcelas seguen na súa maior parte baleiras e sufrindo roubos do material eléctrico instalado nesta urbanización fantasma. Un dos grandes proxectos residenciais en Pontevedra, o polígono de Valdecorvos, é outra das imaxes que recollen. Só un terzo das vivendas previstas construíronse tras a urbanización dos terreos. O polígono de Barro-Meis, que agora parece arrancar grazas a Froiz, e a macrorrotonda de Curro tamén aparecen neste listado de proxectos, así como a polémica urbanización en primeira liña de costa que se proxectou na Granxa, Sanxenxo. Natureza costeira que foi substituída por asfalto, formigón e soares baleiros con espléndidas vistas á ría. O quinto caso refírese ao desenvolvemento de Vilalonga.

poligono barro meis

Deixar un comentario