Xosé Manuel Fdez. Abraldes, eleito cabeza de lista do BNG-Asembleas Abertas en Barro, co obxectivo posto en lograr a Alcaldía

bng barroDurante os últimos meses o BNG estivo celebrando en Barro Asembleas Abertas para
analizar a situación do concello e perflar a candidatura e as liñas básicas do programa de
goberno que vai presentar para as vindeiras eleccións municipais do mes de maio.
A primeira parte deste proceso, que resultou moi fruitifero e participativo, culminou no día
de onte coa elección por aclamación das 21 persoas que formarán parte da candidatura
do BNG-Asembleas Abertas, e que estará encabezada polo actual Portavoz Municipal do
BNG, Xosé Manuel Fernández Abraldes, unha persoa do sobra coñecida e cunha ampla
e dilatada traxectoria política e social.
Trátase dunha candidatura que auna a experiencia coas aportacións de compañeiros e
compañeiras que, formando ou sen formar parte do BNG, estiveron a traballar cóbado a
cóbado con nós para conformar unha candidatura solvente capaz de darlle a Barro o xiro
de 180 graos que tanto necesita.

O xa candidato á Alcaldía mostrouse orgulloso dos homes e mulleres que o acompañan
na candidatura, pola súa entrega, o seu traballo e o seu amor ao pobo demostrado ao
longo de todo o proceso de diagnose da situación, elaboración da candidatura e trazado
das liñas mestras do programa de goberno.
Agradeceu de xeito especial a todas as persoas que, sen ser militantes do BNG,
participaron de xeito activo nas asembleas abertas e se incorporaron á candidatura, con
ilusión e gañas de mellorar o Concello, e tivo palabras especialmente emotivas e de
agradecemento a María Xesús Castro Calviño que, despois de 16 anos como concelleira,
non repetirá por petición propia nos postos de saída, aínda que si formará parte da
candidatura e continuará traballando desde o BNG por construir un Barro mellor para
todos os veciños e veciñas.

Abraldes mostrouse convencido de que coa ilusión e capacidade política e de traballo
dos membros da candidatura é posíbel lograr a Alcaldía. “Vós sodes o futuro” -dixo- para
afrmar que “é preciso rachar cos 32 anos de (des)goberno do PP, coas súas políticas
clientelares e a súa nefasta xestión. Precisamos un goberno que abra o concello a todos
os veciños e veciñas sen distinción, que estea pendente das necesidades do pobo e lles
procure solucións e que realice unha xestión transparente, rigurosa e exemplar.”

Animou, Xosé Manuel Fdez. Abraldes, a todos os presentes a seguir traballando con rigor
e intensidade para que “o 24 de maio consigamos o mellor goberno para Barro, para que
o BNG-Asembleas Abertas consiga a alcaldía, e comece, así, un cambio de rumbo que
poña fn ao depotismo do PP. É necesario que a democracia entre, dunha vez por todas,
no Concello e se realice unha política que mellore a calidade de vida dos veciños e
veciñas”.

A candidatura aprobada na Asemblea Aberta será ratifcada nos vindeiros días polos órganos comarcais e nacionais do BNG.

Barro, 31 de xaneiro de 2015

abraldes

Deixar un comentario