Barro e Campo Lameiro, os únicos sen ningún lume

PORTADA faro-de-vigo

O pasado ano deuse mesmo unha situación que non se produciu en 2013, cando todos os concellos viron como perdían hectáreas de monte polos incendios. Barro e Campo Lameiro non rexistraron nin un só incendio forestal, nin tan sequera un conato que requirise a mobilización dos servizos de extinción da Consellería de Medio Rural e do Mar. Son os únicos municipios da bisbarra que pechan o ano sen ningún lume e no distrito forestal XIX no que está encravada a bisbarra de Pontevedra xunto Ao Salnés e O Morrazo, tan só Cangas e Moaña completaron o pasado exercicio en branco.

Outro caso curioso é o de Sanxenxo. Alí en 2013 a actividade incendiaria foi bastante elevada con 19 incendios declarados. A resposta foi rápida, dado que só arderon 3,20 hectáreas. Este ano tan só rexistrouse un incendio con 0,18 hectáreas queimadas. O Pladiga deste ano (o plan de intervención da Xunta contra os incendios forestais) sinalaba tres parroquias de alta actividade incendiaria, en Saiar (Caldas), San Xoán de Poio e Xesta na Lama. En Poio o número de incendios baixou de 8 a 2, na Lama pasou de 8 a 6 e en Caldas de Reis de 25 a 9, sendo o municipio que máis lumes rexistrou de todo o distrito forestal.

Recuperación

Esta baixa afectación por parte dos incendios forestais en 2014 tamén permitiu continuar recuperando os terreos danados en 2013, como é o caso de ponte Caldelas, onde se utilizou o pavoroso incendio de Barbudo para experimentar co depósito de palla nos montes calcinados. As técnicas de “helimulching” para evitar a erosión foron bastante efectivas pero aínda queda moito por facer para recuperar o monte.

http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2015/01/18/barro-campo-lameiro-unicos-fuego/1167615.html

lume 2

Deixar un comentario