CANS PERDIDOS ¡¡¡¡COMPARTIR!!!

O mércores 7 de Xaneiro ás 13.15 na estrada de Pontevedra á altura de Curro dous cans de raza Samoyedo (un adulto e outro aínda cachorro) encontrábanse no medio da estrada. Cando os vin parei o coche antes de que fosen case atropelados por un camión. Chameinos  para sacalos da estrada. Os cans debían de estar perdidos e asustados, son seguro dalgunha casa e extraviáronse, por que non dubidaron en vir correndo a xunto do meu e nada máis achegarse permitiron que os agarrase e melambieron as mans.
Preto de alí, uns metros máis adiante encontrábase unha patrulla da Garda Civil, chame aos cans para que me seguisen ata eles e fixérono sen dubidar. Cando cheguei a xunto dos axentes, moi amables, os ataron e chamaron á protectora de animais para que os fosen a buscar e fixésense cargo deles.

Esperamos que teñan o microchip e os seus donos poidan ser localizados.

Por favor, difundide isto por se os seus donos os están a buscar.

cans perdidos

Deixar un comentario