Sacan a concurso un centro de servizos en Barro-Meis e as obras da cuberta do Pazo Provincial

Unha vez adxudicado o viveiro de empresas que acollerá no parque industrial a novos emprendedores e que o polígono acadou unha porcentaxe de ocupación do 50%, a Deputación quere complementar o desenvolvemento urbanístico do parque cun Centro de Servizos e Apoio ás empresas instaladas que, ao tempo, proporcione novos espazos para a celebración de reunións, oficinas, salas, auditorio, servizo de restauración, cafetería e outros.

O novo centro será un edificio de planta baixa, primeira e baixo cuberta. Na planta baixa estará situada unha cafetería, servizos e oficinas. Na primeira, un espazo para auditorio e salas multiusos, ademais de almacéns e outras dependencias. No baixo cuberta, irán os cuartos precisos para o funcionamento e localización das instalacións.

A edificación terá unha forma baseada en volumes ortogonais, cunha superficie útil próxima aos 1.200 metros cadrados.

CUBERTA DO PAZO PROVINCIAL

Doutra banda, a Deputación tamén convocou concurso para obras de conservación na cuberta do Pazo Provincial por 164.459 euros e un prazo de execución de catro meses.

http://pontevedraviva.com/xeral/16559/sacan-concurso-centro-servizos-barro-meis-obras-cuberta-pazo-provincial/

poligono barro meis

Deixar un comentario