O entorno da gasolineira de Curro estase convertendo nun dos puntos negros de maior sinistralidade da PO 531.
Desta volta, os servicios de emerxencias foron requeridos as 15:30 horas para atender un accidente entre unha furgoneta e un camión. Segundo as primeiras informacións, a
furgoneta circulaba en dirección a Vilagarcía cando, por causas que se investigan, sufriu unha saída de vía impactando contra a cabina do camión que se dirixía a Pontevedra.
Dende o 112 deuse aviso ós voluntarios de Protección Civil de Barro, ó 061 e a Garda Civil de Tráfico, cuxos axentes se encargaron de regular circulación nese punto da estrada.
No sinistro tamén se veu afectado outro vehículo estacionado nas inmediacións.
