Os Socialistas de Barro queremos expoñer o noso posicionamento diante das informacións
que nos chegan respecto a ubicación no Polígono de Barro , dunhas das empresas mais importantes do sector alimentario, FROIZ.
Creemos que pode ser un bo motor para o despegue definitivo do parque industrial de Barro, chamado a ser un dos mais importantes de Galicía debido a sua excelente ubicación.
A chegada de FROIZ é moi importante para toda a zona de influencia na que creará moitos postos de traballo directos e indirectos.
Consideramos tamén que é unha mágoa que dende a Diputación non se tiveran tomado outras medidas con tanta celeridade, como pode ser a electrificación e o sanemaento de dita superficie, sen esquecernos de que os prezos do metro cadrado era un gran obstáculo para mercar nun polígono inacabado dende o seu inicio no ano 2005.