Queremos referirnos a este proxecto tan importante para o futuro do polígono de
Barro, como algo que se debe facer dunha forma moi ordenada, xa que serán moitos metros de linea de alta tensión que transcurrirán polo noso concello. Este Proxecto cruzará e irá soterrado por moitas zonas e entre elas o camiño de Santiago, ademais doutros viais . Pensamos que as obras deben ser sostibles e o tempo deben aproveitarse para dar solucións a moitos dos problemas que sufrimos neste concello. Un dos mais importantes é a falta de Saneamento , sen olvidar o déficit nas conexions a Internet ao non dispor de fibra óptica.
As nosas propostas serían as seguintes.
Aproveitar dende o Concello ditas actuacións e estudiar a fórmula de cómo se podería compatibilizar esta obra e a canalización do saneamento, así como poder acercar a fibra óptica aos núcleos de población de Barro.
Na zona do CAMIÑO DE SANTIAGO, sería moi interesante darlle un tratamento especial a superficie unha vez rematadas as canlizacións e pensar en facer un pavimentado acorde ao propio camiño, evitando o asfalto e intentando humanizar a zona para que sexa un mellor reclamo turístico , poñendo en valor o Camiño de Santiago.