Catro feridos tras a aterraxe forzosa en Curro dunha avioneta que despegara en Vigo

LOGO PONTEVEDRA VIVA BARRO

Catro persoas resultaron feridas, tres delas graves, tras aaterraxe forzosa que se viu obrigada a facer o piloto dunha avioneta que despegara esta mañá do aeroporto vigués de Peinador.

O suceso tivo lugar sobre as 12.15 horas deste domingo en Curro (Barro), concretamente nunha zona arborada próxima á conexión da AP9 coa Autovía do Salnés. Na avioneta viaxaban dous homes e dúas mulleres.

Por agora descoñécense as causas que obrigaron a que o aparato fixese esta aterraxe. Si trascendeu que o piloto alertou da emerxencia e informou de que ía proceder a baixar a terra.

A autoestrada AP-9 encóntrase cortada, á altura do quilómetro 119, para proceder ao rescate e evacuación dos feridos. Para iso, dispuxéronse tanto medios aéreos como terrestres.

Ao lugar do accidente desprazáronse os Bombeiros do Salnés, varias patrullas da Garda Civil e efectivos de diferentes agrupacións de Protección Civil, entre elas a de Caldas de Reis.

http://pontevedraviva.com/xeral/15468/catro-feridos-aterraxe-forzosa-curro-avioneta-despegara-vigo/

2

Deixar un comentario