A Banda de Música Xuvenil de Silleda alzouse onte co primeiro premio do Certame de bandas de música da Deputación na segunda sección celebrada en Lalín competindo con seis agrupacións máis. O destacado concerto da agrupación silledense que dirixe Rafael Agulló repórtalle un premio de 3.500 euros en efectivo. Pero a bisbarra do Deza foi a estrela do certame ao atesourar tamén o segundo posto. Fíxose acredor deste a Banda de Música Municipal de Agolada que dirixe Nilo Jesús García Armas e que lle reporto un premio de 1.800 euros en efectivo. O terceiro premio recaeu na Banda de Música Xuvenil de Barro (1.250 euros en material instrumental). O certame tivo gran seguimento no auditorio e na entrega de premios participaron os alcaldes de Lalín, de Agolada e a alcaldesa de Melide, entre outros outros representantes municipais.

