Un pequeno incendio no interior dunha chatarrería fixo saltar todas as alarma no termo municipal
de Barro a primeira hora da mañá deste martes. Finalmente, todo quedou nun susto, pero nun primeiro momento levou a mobilizar un amplo operativo.
O Centro de Atención de Emerxencias de Galicia 112 recibiu o aviso sobre as 8.20 horas porque saía unha importante nube de fume do interior dunha chaterrería situada ao pé da estrada N-550 no límite entre Pontevedra e Barro.
Segundo informaron fontes do 112, tras a alerta mobilizouse a Garda Civil, Proteción Civil de Barro e os Bombeiros do Salnés, pero pouco despois se determinou que a gravidade do incidente non requiría tanto despregamento e os bombeiros non chegaron a desprazarse ao lugar.
Si que se trasladaron á zona efectivos de Protección Civil de Barro e unha motobomba municipal. Cando chegaron, seguía saíndo fume do interior das instalacións, pero comprobouse que a orixe era unha pequena queima que estaba a realizar un traballador.
http://pontevedraviva.com/xeral/15001/pequeno-fuego-chatarreria-alarmas-barro/

