O BNG presentará enmendas para que os Orzamentos do Estado e de Galiza contemplen o arranxo dos problemas de seguranza viaria en Barro
O Concello de Barro ten a triste honra de sair permanentemente nos medios de comunicación polos accidentes de tráfico que se producen nas súas estradas. E isto non é casual. Como tampouco inevitábel.
Estos accidentes teñen moito que ver co desleixo das administracións competentes, chámense Concello, Deputación de Pontevedra, Consellaría de Infraestruturas ou Ministerio de Fomento. Todas elas con competencias nos viais máis conflitos e perigosos.
O BNG leva moito tempo denunciando a parálise absoluta das administracións, mentres os accidentes se acumulan nunha triste estatística de feridos e mortos.
Ante esta parálise, o BNG ven de lanzar unha ofensiva institucional, tanto no Concello, coma no Parlamento Galego e no Congreso para solventar os problemas de seguranza viaria detectados na N-550 (cruce do Lombo da Maceira coa PO-224, cruce coa estrada provincial Portela-Curro, cruce coa rúa Areal e cruce de Porráns no enlace coa estrada PO-226) e na PO-531.
Asímesmo, o BNG vai presentar alegacións tanto aos orzamentos do Estado como de Galiza para que se inclúan estas demandas.
Adxuntamos iniciativas presentadas no Parlamento Galego e no Congreso
Barro, 3 de outubro de 2014
Asdo: Xosé Manuel Fernández Abraldes

