Case 300 bolseiros da Deputación escollen a empresa na que debutarán no mercado laboral

diario-pontevedra1

Preto de 500 bolseiros elixirán, entre onte e hoxe, a empresa na que van desenvolver un ano de chicos  prácticas, financiadas pola Deputación de Pontevedra no marco II Plan de Práctica Laboral.

O Salón de Plenos acolleu onte pola mañán á primeira quenda de bolseiros, correspondentes a 62 titulacións, e pola tarde foi o turno dos titulados de dúas das especialidades máis demandadas: o Administración e Finanzas e Administración e Dirección de Empresas.

En total, case 300 mozos aos que hoxe se sumará a última quenda, con 45 titulacións diferentes e bolseiros ata completar un total de 500 titulados que van ter a súa primeira oportunidade laboral na profesión para a que se formaron.

O presidente da Deputación, Rafael Louzán, destacou que, cos que agora participan neste II Plan de Práctica Laboral na empresa privada, esta iniciativa, «única en España», leva xa facilitado o acceso ao mercado laboral «a preto de 2.000 pontevedreses con titulacións universitarias ou de FP».

Por iso, animou aos novos bolseiros a «aproveitar ao máximo esta magnífica oportunidade» que lle pode abrir as portas do seu futuro laboral, tanto se se quedan na empresa na que van realizar as prácticas como se non, dado que, tal e como subliñaron moitos dos bolseiros acollidos a este programa, «isto vainos permitir ter unha experiencia que moitas empresas nos piden e que non tivemos ocasión de adquirir ata agora».

76 de Pontevedra

Do total de bolseiros que se beneficiarán desta iniciativa, 76 farano na comarca de Pontevedra. A maioría farao na capital da provincia, onde se ofertan prazas en 68 empresas. A elas súmanse catro no concello de Poio, dúas en Barro, unha en Cotobade e outra en Ponte Caldelas.

A busca de experiencia que lle facilite o acceso a un posto de traballo na especialidade para a que se formaron é o obxectivo principal dos mozos e mozas que se apuntaron a este plan da Deputación.

«Coñezo algún que xa se ten presentado e, polo xeral, están moi contentos», asegura a Cambadesa Lucía Alfonso Chantada, que realizará as súas prácticas laborais en Diacopevi, de Ponte Caldelas.

Tamén na comarca de Pontevedra traballará Mara Vázquez Lago, titulada en Enxeñería Técnica e Deseño Industrial e Grao en Deseño Industrial e Desenvolvemento de Produto, que está feliz de ter unha oportunidade despois de moitos meses buscando traballo e que considera o Plan de Deputación unha iniciativa moi positiva e digna de manterse no tempo.

Todos eles comezarán as súas prácticas o vindeiro un de outubro, con bolsas de seis meses prorrogables por un ano.

A contía da bolsa é de 800 euros para titulados universitarios e de 700 para titulados de FP, que serán financiados integramente pola Deputación, que tamén correrá cos gastos dos correspondentes recoñecementos médicos.

http://diariodepontevedra.galiciae.com/nova/360514-300-bolseiros-deputacion-escollen-empresa-debutaran-mercado-laboral

Deixar un comentario