Dous xuvenís do Barro C. F. resultan feridos tras sufrir un accidente de tráfico

Dous xuvenís que forman parte do equipo do Barro Club de Fútbol tiveron que ser ingresados onte no hospital Montecelo de Pontevedratras sufrir un accidente de tráfico na N-550 á altura de Cerponzóns, en torno ás seis da tarde.

Ambos os dous mozos de 18 anos dirixíanse, xunto a outros compañeiros que circulaban noutros vehículos, a Salcedo, enPontevedra para disputar un cuadrangular, o trofeo Julio Montes, contra os dous equipos desta parroquia pontevedresa e oSoutomaior. Un coche que circulaba en dirección a Caldas colisionar contra o dos dous mozos resultando ambos os dous feridos. Un deles tiña feridas de carácter leve. O segundo estaba á espera de dunha serie de probas para determinar o alcance das lesións, segundo indicaron fontes do Barro C. F., que suspendeu tanto os partidos que tiña previsto xogar onte coma os de hoxe debido a que o resto do equipo está moi afectado polo sinistro que sufriron os seus compañeiros.

juveniles-barro (1)

Deixar un comentario