Un home resultou ferido ao saírse da calzada co coche que conducía e envorcar nunha ampla cuneta da estrada EP-0501 que une Moraña con Porráns. O condutor resultou ser Eduardo Filgueira, taxista de Moraña aínda que no momento do impacto non se atopaba realizando o transporte de ningún cliente.
O suceso tivo lugar ás 20.52 da noite de onte, á altura da Barosela, cando o coche cruzaba o carril contrario e se avalanzaba sobre a cuneta. Aínda que a calzada estaba mollada no momento do impacto, todo apunta a que un despiste ao volante podería ser o causante do accidente, xa que no tramo no que se produciu corresponde a unha recta duns 800 metros.
Ao lugar trasladouse membros de Protección Civil de Moraña, a Garda Civil de Tráfico e Uxencias Médicas. O taxista tivo que ser ingresado no Hospital Miguel Domínguez, por diversas lesións de costas.
