Os diferentes equipos do Barro CF exercitáronse na xornada de onte nos exteriores do Pavillón Municipal, como medida de protesta contra o Concello, que mantén a infraestrutura pechada e inoperativa, polo que as categorías inferiores da entidade non dispoñen de instalacións para levar a cabo os seus adestramentos.

