Os organizadores da liga, a Acd Tenisbarro e asociación Terras de
Curro poñemos en coñecemento dos membros deste grupo e dos que estén interesados en participar nesta nova edición que abrimos o prazo de inscrición desta nova edición. Este ano hai unha variación con respeto a outras edicións. O prezo da inscrición estará entre os 20 ou 25 €. dependendo do custe do seguro de accidentes colectivo que contratemos. A idea da organización é que o custe sexa de 20 €. que serían desglosados en unha media de 10 € para o seguro e dez para inscrición . Tamén se decideu non meter os 5 € do adianto para cea, pero si nos gustaría que as ceas fosen mais participativas. Tamén axustamos a un máximo de 80 participantes que se irán anotando por orden de chamada e facendo o posible porque a xente de Barro teña preferencia a hora de participar, pero sen excluir a ninguén. Este ano cobrarase por anticipado a inscrición sendo a data tope o dia da asamblea xeral da liga , que será o 19 de setembro as 21.00 h . Ese dia entregaranse as normas da liga e falaremos delas para consesuar todo o mais que se poida para lograr un torneo exemplar , onde sempre prime a deportividade e o compañerismo, non tendo porque deixar de lado a propia competividade. Inscribite falando con membros das asociación ou nos teléfonos: 675820257 Emilio Ucha Sartal 605479388 Jose Sanmartin Organizan: Acd TENISBARRO E A.C. TERRAS DE CURRO Colaboran: Comunidade Montes de Curro e Concello de Barro. A inscrición estará aberta ata chegar ata as 80 plazas. Apresurate , quedan poucas….. COMO DI O AMIGO UCHA … BO TENIS…..