Deputación de Pontevedra aprobou o venres, na súa xunta de goberno, o programa Coñece a túa provincia para o ano 2014.
O ano pasado participaron nel 21.500 personas e 329 colectivos de maiores, mulleres, discapacitados ou veciños.
O programa foi adxudicado a Viajes El Corte Inglés. O usuario aportará 12 euros e a Deputación 9,5 euros, o que fai un total de coste do programa por usuario de 21,5 euros.
O programa ofrece a posibilidade de elección de 22 rutas e inclúe visita a lugares turísticos e de patrimonio nunha xornada de convivencia. Inclúe tamén viaxe en autobús, xantar e visitas.
Os beneficiarios do programa poderán ser asociacións de maiores, mulleres, discapacitados, de veciños e estudantes. Ofertanse un máximo de 21.681 prazas para as seguintes 22 rutas:
| RUTA 1 | Edificios da Deputación de Pontevedra: Pazo provincial, palacete das Mendoza, Museo de Pontevedra, pazo de Lourizán e castelo de Soutomaior |
| RUTA 2 | Pazo de Oca, mosteiro de Santa María de Aciveiro, visita a Sabucedo, visita á Estrada |
| RUTA 3 | Lalín, mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro, fervenza do Toxa, Museo Ramón María Aller, visita ó núcleo urbano de Lalín, conxunto natural e etnográfico de Codeseda (Museo Etnográfico, Casa do Patrón, paseo fluvial, aldea de Codeseda e muíños) |
| RUTA 4 | Ruta de Arousa–O Grove con degustación, Illa da Toxa, visita ó núcleo urbano do Grove, miradoiro do monte Siradella, paseo de madeira de Pedras Negras (praia da Lanzada) |
| RUTA 5 | Enoturismo: Cambados (adegas e degustación de viño D. O. Rías Baixas), Museo Etnográfico do Viño, Barrantes, ruta dos muíños |
| RUTA 6 | Mosteiro da Armenteira, Ruta da Pedra e da Auga con antigos muíños fluviais, pazo de Señoráns con visita á adega, xacemento arqueolóxico do monte do Castro |
| RUTA 7 | Conxunto histórico de Combarro, mosteiro de Poio, miradoiro do monte Castrove e visita ó Centro Arquelóxico da Caeira |
| RUTA 8 | Parque arqueolóxico de Campo Lameiro, Cerdedo (arquitectura civil e popular), conxunto histórico de Pontevedra |
| RUTA 9 | Redondela: conxunto histórico, Camiño de Santiago, praia e porto de Cesantes, illa de San Simón |
| RUTA 10 | Cangas: Santo André do Hío, cabo Home, costa de Soavela |
| RUTA 11 | Salvaterra de Miño: parque A Canuda, paseo fluvial polo río Miño
Arbo: Centro de Interpretación do Viño e da Lamprea |
| RUTA 12 | Baiona: conxunto histórico, fortaleza de Monterreal, carabela A Pinta, Virxe da Rocha, mosteiro de Santa María de Oia |
| RUTA 13 | A Guarda: citania de Santa Trega, miradoiro, porto
Tui: conxunto histórico, catedral, río Miño, paseo |
| RUTA 14 | Fervenzas do Parque Natural da Barosa (Barro), visita á antiga azucreira e miradoiro dos vales do Umia e exposición de Domingo Fontán en Portas; casco vello, ponte romana e fonte das augas quentes en Caldas de Reis; conxunto arqueolóxico de Castrolandín en Cuntis |
| RUTA 15 | Vigo: arquitectura modernista dos edificios da cidade, barrio mariñeiro do Berbés, monte do Castro, monte da Guía |
| RUTA 16 | Templo votivo e arco visigótico de Panxón, porto pesqueiro, miradoiro de Monteferro, pazo de Cea, pazo da Touza |
| RUTA 17 | A Illa de Ons, vila mariñeira de Portonovo e Sanxenxo |
| RUTA 18 | Xuventude no mar (kayak ou surf na praias de Patos e da Madorra), Nigrán, Baiona |
| RUTA 19 | Xuventude no mar II (kayak na ría de Aldán), visita ós cantís da costa de Soavela, paseo por cabo Udra |
| RUTA 20 | Ruta de Antonio Palacios, paseo do Louro, visita a Cans (O Porriño), área recreativa da Freixa (Ponteareas) |
| RUTA 21 | Vilagarcía de Arousa (petroglifos dos Ballotes, Ruta dos Pazos, miradoiro de Lobeira), visita a Vilanova de Arousa (Casa Museo de Valle-Inclán), A Illa de Arousa (paseo marítimo do Cantiño) |
| RUTA 22 | Mondariz: castro de Troña, castelo de Sobroso, Mondariz-Balneario, Virxe da Franqueira, Covelo |
