O vehículo que, segundo o condutor do coche que o seguía, circulaba a unha velocidade axeitada, podería levar as táboas de madeira mal suxeitas polo que perdeu parte da carga sobre a estrada.
Os automóbiles que circulaban polo carril contrario advertiron ao condutor do camión varias veces con sinais acústicos, á vez que se apartaban facía a beiravía para deixarlle paso.
O coche que seguía ao camión levaba unha distancia prudencial respecto a este, pola contra as táboas de madeira que estetrasportaba «puideron caer enriba miña».
«A fita que ataba ás táboas debeu soltarse. Non pasou nada porquenon cadrou», asegurou un condutor.
TRAMO RECTO. A mercadoría caeu no carril polo que circulaba o camión e polo seu carril contrario, entorpecendo así a circulación dos demais vehículos.
«Menos mal que non coincidiu quepasase algúen nese momentopola calzada, porque senón puido ter provocado un accidente moigrave,» resaltou unha testemuña presencial do acontecido.
O incidente tivo lugar nun tramo recto da estrada, «fose se nacurva a probabilidade de accidente sería maior, xa que vos coches que lle viñan de fronte non ou verían e non poderían apartarse, engadiu.
Durante as horas seguintes ao desprendemento da mercadoría, as táboas de madeira foron retiradas e apartada á beiravía parareestrablecer o paso dos vehículos que circulaban pola estrada.

