BarroCervexaFest aprázase por motivos técnicos para a primeira quincena de xullo previsiblemente.
A Asociación Cultural “Amigos da Fervenza da Barosa” de Barro, entidade organizadora do evento #BarroCervexaFest comunica que por motivos técnicos está obrigada a aprazar a data prevista para a súa celebración o vindeiro día 28 de Xuño.
A Asociación Cultural “Amigos da Fervenza da Barosa” de Barro está xa a traballar nunha nova data, que previsiblemente será na primeira quincena de xullo, dependendo sempre da maior asistencia posible das fábricas de cervexa artesanal existentes en Galicia.
