AMOR RUIBAL ACTUARA NO FESTIVAL TREMBADOIRO

A Asociación Cultural Tamparrantán de Santo André de Vea organiza o festival Trembadoiro 2014, que se desenvolverá o próximo sábado día 21 na carballeira de San Bartolomeu, en San Xiao de Vea (en caso de chuvia, trasladaríase ao teatro Principal da Estrada). As actividades comezarán ás 11 horas, cun alborada por Santo André de Vea, e ás 13.30 poxa do ramo, con baile e comida. Xa ás 20 horas dará comezo o festival de música e baile tradicional propiamente dito, con actuacións de Fonte Boa, de Esposende (Portugal); Coto dá Nai, de Aríns (Santiago); Grupo de Danzas AmorRuibal, de Barro; e os anfitrions, Tamparrantán. Ás 22 horas farase entrega do premio Trembadoiro á traxectoria profesional en favor da cultura galega; e ás dúas persoas do público mellor vestidas con indumentaria tradicional. Haberá algún sorteo, e foliada libre dende as 23 horas. scale

Deixar un comentario