Atacan con bombas caseiras a propiedade dun veciño da Portela

Esta pasada noite, un veciño da Portela foi vítima de dous ataques con bombas incendiarias lanzadas dende o terreo lindante a súa propiedade. Unha delas impactou contra o seu coche. A botella que impactou contra o vehículo non explotou, o que evitou que tivesen ardido dous coches e unha moto.

Ao saír rebotada provocou un incendio nun colector de lixo, por sorte deuse a casualidade que facia unhas horas que o dono retirara 8 cachorros acabados de nacer e así conseguir salvar a vida de non morrer asfixiados.

Ao lugar dos feitos acudiron efetivos da Garda Civil e da Policía Científica para tomar pegadas, e ver se o modus operandi, pode corresponder co incendio intencionado dunha casa ocorrido hai dous anos no lugar de Balbón.

IMG_4780

IMG_4775

IMG_4774

IMG_4772

Deixar un comentario