O Partido Popular considera que abrir os comedores escolares
durante a época de verán para atender a nenos que viven en familias con risco de exclusión social ou en situación de pobreza “non é adecuado”, dado que podería “xerar excesiva visibilidade” a estes casos e “discriminación”. Así indicouno o deputado popularRomán Rodríguez durante o debate en pleno dunha proposición non de lei presentada polo grupo de Alternativa Galega de Esquerda(AGE), que reclama a apertura durante o período escolar dos comedores dos centros educativos para atender a nenos que viven en situación de pobreza ou de exclusión social.
