Preto dun centenar de veciños de Caldas participaron nunha xornada campestre no parque Ría Barosa, en Barro. A Concellaría de Benestar Social organizou unha xornada para maiores. Unha trintena deles, do Fogar do Maior, fixo a piei o percorrido dende Caldas a Barosa seguindo o Camiño Portugués, mentres outro medio centenar o fixo en autobús. Tras o xantar, baixo unha carpa, os asistentes, aos que se sumaron o alcalde, Juan Manuel Rey e a concelleira Socorro Tobío, houbo xogos, música e un bingo para entreter a tarde.

