A Garda Civil incáutase de roupa de marca falsificada no mercado de Barro

Axentes da Garda Civil compareceron na tarde de onte no mercado dominical de Barro onde localizaron e incautáronse de distintas cantidades de roupa de marca falsificada.

A actuación enmárcase na loita contra a fraude desenvolvida polas Forzas de Seguridade do Estado e ten como obxectivo retirar do mercado copias falsificadas. As compañías denuncian estes casos ao entender que os vendedores ambulantes forman parte dunha cadea que fixo do delito contra a propiedade industrial unha das súas principais fontes de ingresos e ademais tamén entenden que danan a súa imaxe.

Entre a mercadoría incautada está a dun vendedor que hoxe mesmo, a través da Asociación de empresarios e comerciantes ambulantes de Galicia, ten previsto presentar unha queixa ante a Subdelegación do Goberno polo que considera un “abuso” dos gardas civís xa que “viñeron catro patrullas e me deixaron sen nada, eu lles entreguei trinta pantalóns de Adidas que tiña falsos pero eles volveron e se levaron todo, camisetas, chándales,… aínda que era roupa sen marca, era roupa legal que podía vender” explica.

Un atropelo

Considera este vendedor, e así tamén o entende a asociación da que forma parte, que é vítima dun atropelo policial xa que “se levaron as 400 pezas que tiña e non me deron unha acta do que recolleron, nin nada” sinalaba polo que “eu non sei a quen teño que reclamarlle a mercadoría”, engadía. Aseguraba onte que sentía que “me roubaron”.

A Asociación de empresarios e comerciantes ambulantes -integrada na Sociedade Xitana en Galicia- acompañará o vendedor na súa queixa ante a autoridade gobernativa. Ademais reclamarán a roupa incautada na súa opinión de forma “chula e agresiva”.

http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2014/06/09/guardia-civil-incauta-ropa-marca/1038833.html

MERCADILLO

Deixar un comentario