UN BO TRABALLO

Un grupo de mozos e rapaces do lugar de Briadoiro, parroquia da Portela, motivados pola actual Xunta de Montes, están a limpar e recoller o río “do Briadoiro”. Moreas de escombro (cascotes, ladrillos, uralitas, ventanas, etc.) que o longo destes anos foron arroxando de forma indiscriminada, convertendo este fermoso lugar nun vertedoiro incontrolado. Salientar que recollen todo á man ó longo do río, xa que as enchentas do inverno arrastraron o escombro ó longo de aprox. 200 mts. Este e o tipo de accións, segundo a miña modesta opinión, deberían ser premiadas, xa que contribúen a mellor imaxe do concello. Gustaríame comentar de paso, que por fin se van a acometer as obras neste mesmo sitio, que os veciños estábamos fartos de reclamar. Debido á gran cantidade de auga caída no inverno,  dende fai case 2 anos, produciuse un corremento de terra que taponou o río; este circula pola pista de acceso ó monte sen control, tirando tamén con parte do vello muíño da Costa, e provocando a rotura de  mangueiras da auga dalgún veciño, e polo que resulta imposible acceder ó monte por este lugar. Xente xoven, con ilusión, principios, con ganas de traballar  e de cambialas cousas. Parabéns pola vosa xestión. portela 2 portela 1

Deixar un comentario