Existe no San Antoniño un punto de especial perigo: o cruce coa rúa Areal e de acceso ao tanatorio, xa que non existen zonas de espera, e os vehículos teñen que parar nos carrís de circulación, co conseguinte perigo de colisión.
Tanto os veciños da rúa das Baladas como os que viven nesa beira da N-550 teñen que acceder ás súas vivendas a través dese cruce.
Ao longo deses anos producíronse neste punto moitos accidentes, e todos os días se producen situacións de risco. Por iso os veciños e veciñas solicitan, mediante estas sinaturas:
. A construción dunha rotonda en dito cruce que permita un acceso seguro así como o cambio de sentido de circulación.
. O pintado de zonas de espera e incorporación na estrada nacional, xa que, ao ser o único acceso para esa rúa, para a rúa das Baladas, para o tanatorio e para a zona de Valbón, son moitos os vehículos que teñen que utilizar a diario ese perigoso acceso, no que xa se teñen producido moitos accidentes.
