Mellora da seguranza viaria no San Antoniño

bng barro

Sr. Alcalde:
O abaixo asinante, Xosé Manuel Fernández Abraldes, Portavoz do BNG no Concello de Barro, presenta a seguinte MOCIÓN referente á mellora da seguranza viaria no San Antoniño.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
Os problemas de tráfico no nucleo urbano de San Antoniño veñen provocados porque no seu momento non se tivo en conta que construir un núcleo urbano ás beiras da N-550 esixía deseñar acceso seguros ás distintas rúas, tanto para os peóns como para os vehículos.
Existe un punto de especial perigo, que é o cruce coa rúa Areal e de acceso ao tanatorio, xa que non existen zonas de espera, e os vehículos teñen que parar nos carrís de circulación, co conseguinte perigo de colisión.
Ao longo deses anos xa se levan producido moitos accidentes, e os veciños e veciñas que teñen que acceder nese punto tanto ás súas vivendas como ao tanatorio municipal, teñen que padecer todos os días unha situación de risco.
Xa no outono de 2009, o BNG convocou unha asemblea veciñal e, posteriormente, presentou unha moción no Concello para que se adoptasen medidas para a seguridade vial nesta estrada. Daquela propuxemos a construción dunha rotonda no lateral da N-550 na entrada da rúa Real que servise para acceder con seguridade á mesma e que permitise o cambio de sentido, e o pintado de carrís de espera e incorporación na N-550 para acceso ao cruce.
Pero nin o Concello nin o ministerio de Fomento fixeron nada a día de hoxe para solventalos.
Recentemente foi aprobada unha actuación de mellora na rúa Areal, que non contempla a construción da rotonda nin ningunha outra actuación que mellore a seguridade do cruce.
Para o BNG isto supón unha grande irresponsabilidade, pois en calquera momento se poden producir accidentes máis graves que os que se produción até agora.

Por todo isto, o grupo municipal do BNG solicita do Pleno da Corporación Municipal a adopción do seguinte

ACORDO
1. Construir unha rotonda no cruce da N-550 coa rúa Areal (acceso ao tanatorio), que permita un acceso seguro así como o cambio de sentido de circulación, dentro do proxecto de urbanización da rúa.
2. Esixir da demarcación de estradas o pintado de zonas de espera e incorporación na estrada nacional, xa que, ao ser o único acceso para a rúa Areal e a rúa das Baladas, para o tanatorio e para a zona de Valbón, son moitos os vehículos que teñen que utilizar a diario ese perigoso acceso, no que xa se teñen producido moitos accidentes.
Barro, 26 de maio de 2014
Asdo: Xosé Manuel Fernández Abraldes

Deixar un comentario