A Garda Civil detivo o presunto autor dun roubo con forza e cuantiosos estragos nunha clínica dental San Gregorio de Raxó. O home, veciño de Barro e cuxa identidade responde ás iniciais J.G.C, accedeu pola parte traseira deste establecemento situado na avenida da Toxa. Rompeu os cristais e xa no interior do local conseguiu diñeiro en efectivo.
Os feitos sucederon este luns, acontecendo a detención ao cabo dunhas horas. Fontes deste corpo de seguridade apuntaron, non obstante, que o botín foi escaso.
Tamén en Chancelas
Por outro lado, un particular presentou unha denuncia do roubo de diversos obxectos do interior do seu coche. Esta persoa asegurou ante os axentes que alguén tería utilizado un fío para levantar o peche da porta e tras iso, levarse unha tablet e, entre outros obxectos, unha carteira en cuxo interior habería 150 euros. Todo se tería producido mentres o denunciante estaba na praia deChancelas.
