VISITA Á BIBLIOTECA DA ESCOLA INFANTIL DE BARRO

Nesta visita os rapaces e rapazas da escola infantil de Barro (A galiña azul), viñeron a celebrar con nos o Día do libro. Ás actividades que fixémos foron:

– Semáforo vermello, semáforo verde, co que lles explicamos as normas da biblioteca. Cada neno mostraba o semáforo vermello cando eran cousas que non se podían realizar na biblioteca e o semáforo verde cando si podían facelas.

Exemplo: correr na biblioteca (semáforo vermello), escoitar un conto na biblioteca (semáforo verde).

– Escoitaron varios contos: Cocorico, O coelliño branco e Quieres ser mi amigo?.

– Fixeron un pequeno obradoiro no que colorearon unhas orellas de coello.

Como este ano o tema co que traballa a biblioteca é “En que empregas o teu tempo libre”, levaron como recordo e para utilizar en compañía dos pais, nais ou titores, folletos informativos da provincia de Pontevedra, Rios e rias, Ocio en Pontevedra, Camiño de Santiago, etc.

Como posibles novos socios da biblioteca envíamos a través das profesoras un folleto informativo da biblioteca e un impreso para facer o carné.

escola infantil

Deixar un comentario