A Asociación de Emigrantes Retornados Ulla Umia participará o vindeiro mércores día 23 nunha concentración fronte ao Parlamento de Galicia. No pleno que se celebrará ese día a Conselleira de Facenda responderá a pregunta presentada polo PSdeG PSOE de como pensan que están cumplindo o acordo que se aprobou por unanimidade no Parlamento de Galicia o pasado mes de setembro. Por unanimidade aprobarase pedir ao goberno central que non multara aos emigrantes retornados que durantes os últimos anos non declararon as súas pensións extranxeiras. A pesar deste acordo foron moitos os emigrantes que recibiron notificacións de sancións, e algúns dos que xa pagaran solicitaron que se lle devolvan ese importes e a resposta da Axencia Tributaria sempre é negativa.
