Un operativo da Garda Civil da Comandancia de
Pontevedrasaldouse co comiso de 2.275 quilos de marisco. Esta mercadoría foi requisada porque non estaba debidamente documentada.
O operativo tivo lugar na madrugada do mércores e nel participaron un total de seis axentes da Benemérita que, tras deter o vehículo que transportaba o marisco, contactaron co Servizo de Gardacostas, que incorporou ao operativo a outros cino axentes que se fixeron cargo da mercadoría comisada.
O lugar no que se desenvolveu o operativo foi a peaxe de Curro da autoestrada AP-9, no termo municipal de Barro.
O marisco comisado é ameixa xapónica procedente de Portugal con destino descoñecido.
Ademais do comiso, os axentes incautáronse tamén do vehículo que transportaba a mercadoría, que foi trasladada posteriormente ao Instituto Galego de Formación de Acuicultura (IGAFA), da Consellería do Medio Rural e do Mar. O obxectivo é o de conservar o marisco e analizalo para comprobar se pode ser resementado nalgunha praia con todas as garantías.
