A diputación provincial ven de anunciar que premia ao concello de Barro pola súa defensa do patrimonio, parece ser que pola posta en valor do enclave dos muíños de Barosa.
Ao BNG parécelle ben todo premio que contribúa a divulgar o noso patrimonio. Non obstante considerariamos máis positivo para a defensa do noso patrimonio, que a Deputación incluise o Castro dos Casás no plano de recuperación dos castros da provincia.
A día de hoxe non sabemos aínda os motivos polo que o concello de Barro quedou discriminado dos investimentos anunciados pola diputación, pero moito nos tememos que sexa porque ao alcalde non lle interesa que se poña en valor un dos elementos máis importantes do patrimonio histórico do noso concello.
As actuacións a respecto ao Castro dos Casás foron sempre, de agresión por parte do goberno do PP. Nunca tiveron o menor interese en difundir e valorizar o que representa para o coñecimento da nosa historia a existencia dese asentamento castrexo, a pesar de que tamén podería servir de incentivo para visitas a Barro.
Con estes antecedentes resulta, cando menos, paradóxico o premio concedido pola
Deputación, pero benvido sexa se serve para que ao PP lle veña a sensibilidade polo patrimonio cultural e, de paso, nos anuncien que a deputación vai investir cartos no noso Castro como fixo cos do resto da provincia.
Barro, 9 de abril de 2014
Asdo: Xosé Manuel Fdez. Abraldes
NOTICIAS RELACIONADAS: