Nova imaxe e marca para Abba de Trasumia 2013

A partires da colleita 2013 o noso viño Aba de Trasumia Albariño trasumia100% cambiará a súia denominación a Abba de Trasumia en homenaxe á mítica banda sueca homónima. Facemos así coincidir o 40º Aniversario da victoriosa participación de ABBA no Concurso da Canción de Eurovisión 1974 co tema Waterloo, resultando no seu lanzamento internacional e o comezo dunha lenda que chega ata os nosos días. Do mesmo xeito, agardamos que esta nova campaña ofreza o pulo definitivo cara ao recoñecemento mundial de Abba de Trasumia #Albariño D.O. Rías Baixas.Para intensificar esta campaña, intentaremos que el hashtag #AbbadeTrasumia se convirta en trending topic nas redes sociais.

O novidoso etiquetado está realizado nun elegante e sobrio branco e negro, e utiliza unha tipografía que nos transporta á decada dos 70, amosando a nova denominación do viño, ᗅᗺᗷᗅ® DE TRASUMIA, baixo a cal se atopan as facianas dos catro compoñentes do grupo musical.

Non é esta a primeira vez que no curto, mais intensivo, percorrido de Viña Moraima S.Coop.Gal., se ligan viño e cultura. No ano 2012, co gallo do centenario do nacemento do poeta celanovés Celso Emilio Ferreiro, todas as botellas do viño que porta o nome da adega, penduraron unha etiqueta adicional co varias veces musicado poema Moraima na súa versión orixinal en galego xunto cunha tradución ao inglés.

abba de transmunia

Deixar un comentario