Os veciños de Barro déronse cita onte pola tarde na igrexa parroquial da Portela para
participar no acto relixioso en memoria ao edil falecido Manuel Fontán.
O alcalde, José Antonio Landín, explicou horas antes do funeral que o substituto de Fontán no lugar que ocupaba no Concello xa está designado. Será José Cons, da parroquia de Barro, que concorría no número sete na candidatura. Cons xa fora edil no anterior mandato e comunicou o alcalde que acepta o posto.
