O vindeiro DOMINGO 13 DE ABRIL, vaise celebrar a II Gala Solidaria – Curro 2014, organizada por esta Comunidade de Montes e Galicia Espectáculos, agradecendo xa de antemán, que elixiran de novo a nosa
Parroquia para tal evento. Nesta ocasión, os actos van comezar pola tarde, coa “FESTA DO NEN@”, con inchables gratis, contando coa actuación da Charanga “ROUBABICOS” de Vilagarcía.
Cara as 19.30h, comezará a verbena,coas orquestras ARAMIO, AMÉRICA e OLYMPUS. E como fin de Festa, teremos a Xira de “EME MUSIC – RADIOLIDER”, cos DJs, Marcos Magán e DJ Son1c. Dicir tamén que se van a colocar caixas para a recollida de alimentos nos distintos establecementos do Concello. Seguiremos informando estes días, en relación a este evento
