Barro despide ao tenente de alcalde e edil desde 1979 Manuel Fontán, falecido onte

faro de vigo

Manuel Fontán Outón, edil do Concello de Barro desde 1979 e mauel fontanprimeiro tenente de alcalde José Antonio Landín desde 1999, faleceu de forma inesperada no seu domicilio de Portela, tras sufrir unha longa enfermidade. Nesta parroquia de Barro naceu o 26 de xullo de 1940.

Fontán Outón foi un home sempre vinculado ao movemento sindical e político. Desde o seu traballo como tornero en Talleres Pazó de Pontevedra tivo unha activa militancia en Comisións Obreiras (CC OO), sendo durante moitos delegado sindical nesta empresa, na que se xubilou.

Edil independente

No ámbito da política, aos 38 anos de idade accedeu á corporación municipal de Barro como concelleiro independente, cargo que mantería ata 1983. No ano 1995 afiliouse ao Partido Popular da man de José Antonio Landín, con quen regresaría a ocupar un escano da corporación municipal. Foi o primeiro tenente de alcalde de Barro desde o ano 1999.

O corpo de Manuel Fontán está sendo velado desde onte no tanatorio de Barro, desde onde será trasladado ás 18.45 horas de hoxe, para o seu enterro no cemiterio de Portela.

Os funerales na súa memoria se oficiarán mañá luns, a partir das 19.00 horas, na igrexa parroquial de Portela.

 

Deixar un comentario