Rivas, Maseras, Agra, Juan Fernández e Rubén Fernández, os mellores galegos
O Circuíto de Taboexa, en Ás Neves, acolleu o sabado a terceira proba do
Campionato de España de motocrós. Participaron case cen pilotos nunha cita moi agardada polos afeccionados galegos tras un inverno duro para a disciplina pola mala meteoroloxía. De feito, a densa néboa deu un pequeno susto a primeira hora da mañá e obrigou a atrasar o inicio das mangas.
Finalmente a soleada xornada permitiu que preto de 1.500 espectadores gozasen dun gran espectáculo. O circuíto facilitouno ao estar en perfectas
condicións.
Na categoría de féminas, a gañadora foi a madrileña Gabriela Seisdedos, primeira en ambas as dúas mangas, seguida de Sara Coloret e da galega Silvia Rivas, quen por fin puido subirse ao caixón na casa nunha proba do Campionato de España. A outra piloto galega, María Maseras, asinaba un meritorio décimo posto no seu debut nunha proba de ámbito nacional.
En Máster 35, non houbo sorpresas, pois Javier García Vico, o subcampión do mundo de 500cc, se levaba o trofeo ao mellor, seguido de Xacob Agra. O porriñés, que nos últimos tempos se pasara ao enduro, quixo recordar as
súas épocas de piloto de motocrós xunto aos seus antigos compañeiros, e como o que tivo retivo, finalmente quedou segundo, por diante de Jesús Bermúdez, tras ser terceiro na primeira manga e segundo na posterior.
En Máster 40, o gañador foi Josep Font, seguido novamente doutro galego, o carballés Juan Fernandez Puga. Terceiro foi Leandre Casas.
A categoría Mx sub 18 tivo como tres primeiros clasificados a Marc Sans Soria, seguido de Iker Larrañaga e Luis Riera. E finalmente, na categoría MX 125 cc, o rei foi o vigués e actual campión da categoría Rubén Fernández García, que
gañou ambas as dúas mangas con absoluta autoridade. Segundo foi Simeó Ubach e terceiro Adrián Aparicio.
A próxima carreira para MXSub18, MX125 e MXFemenino celebrarase en Calatayud, Zaragoza, o fin de semana do 29 e 30 de marzo mentres que para MXMáster 35-40 o 27 de abril No molar, Madrid.
http://www.farodevigo.es/deportes/2014/03/16/taboexa-vibra-campeonato-espana/985895.html

