Onde o tenis se convirte nunha auténtica pasión….
Esta segunda edición da Liga chegou o seu remate , resultando campións os seguintes xogadores. En primeira división, impúxose dunha forma brilante e imbatido, Arturo Sangiao, quedando segundo Jose Luis Blanco, tamén con excelentes números. Nos dous grupos de segunda os campións foron Gerino Casal no grupo A e Carlos Canay no grupo B , os dous con unha gran tempada onde se impuxeron dunha forma excepcional. Tamén se decidiron os que ascenden e descenden de categoria, sendo os seis últimos de primeira os que baixan a segunda división e os tres primeiros de cada grupo de segunda os que ascenden a primeira división na próxima edición da liga. Outras das cousas polas que loitaban os xogadores , era o de colocorse para xogar a Copa da Liga e para elo era necesario meterse entre os 12 primeiros de primeira divisón e os dez primeiros dos dous grupo de segunda.
Hoxe a partir das 21.30 da noite entregaranse os trofeos e farase o sorteo da copa, xusto antes da cea de fin de tempada que será no Burato do Grilo en Curro.
Enlace da paxina do torneo:
http://www.todotorneos.com/paginas/torneosmain.php?torneo=105941
Dende a organización agradecemos toda a máxima colaboración da Comunidade Montes por deixar usar as suas instalacións e tamén ao Concello de Barro por facilitar o uso do pavillón Municipal de Curro.
Organizan:
A.C.D. TENIS BARRO
ASOC. CULT. TERRAS DE CURRO.
COLABORAN:
COMUNIDADE DE MONTES DE CURRO
CONCELLO DE BARRO.
