Todo preparado para o mellor Motocrós

A piloto de Barro, Silvia Rivas, participa na primeira proba puntuable feminina na historia,del Campionato de España de motocrós que se celebra en Galicia.

No motociclismo non se para e este fin de semana regresa o RFME Campionato silviade España de Motocrós. Agora será a localidade das Neves, en Pontevedra, a que acollerá os máis de 80 pilotos das categorías MXSub18, MX125, MXMáster 35-40 e MXFemenino, que se inician esta tempada.

Almenar inaugurou o ano de competición e apenas seis días despois a caravana do MX viaxa ata Galicia para ofrecer o espectáculo da modalidade aos afeccionados do norte de España. O Circuíto de Taboexa será o escenario e o Motoclub Barrena 2 o encargado da organización da carreira.

Todo está listo xa para a chegada dos participantes. En MXSub18 e tras a carreira de Lleida, Iker Larrañaga, Jorge Zaragoza e Lluis Riera son os líderes da xeral mentres que en MX125 a encabezan Marc Hernández, Rubén Fernández e Roger Oliver.

En MXMáster 35 Javi García Vico levouse a vitoria o domingo e, polo tanto, é primeiro con Antonio Villegas segundo e Carlos Torres terceiro. Josep Font, Alfred Camps e Juan Carlos Rey son, de momento, os mellores.

A categoría MXFemenino arranca a tempada en Ás Neves. Entre as apuntadas a actual campioa, Gabriela Seisdedos, ademais doutras como Carla Magallón, Sara Coloret ou a nosa veciña  Silvia Rivas.

Oxe de 16’00 h a 20’00 h pasaranse as verificacións administrativas e técnicas aínda que tamén haberá tempo para iso o sábado de 08’00 h a 10’00 h.
Os adestramentos libres comezarán ás 09’30 h e os cronometrados ás 11’00 h coa seguinte orde de saída: MXMáster, MXFemenino, MX125 e MXSub18.

As mangas serán a partir das 14’30 h. A primeira Superfinal de MXSub18 e MX125 arrancará ás 15’55 h e a segunda ás 18’05 h.

Todo preparado pois para o mellor Motocrós en Pontevedra!

Pica neste enlace para coñecer toda a información da carreira.

motocross taboexa

Deixar un comentario