Nova fervenza na Portela

Os veciños da Portela recollen firmas para que se solucione a caida de auga e se arranxe a pista que vai do lugar da Estación ao de Parada.
Xa fai meses que cae cantidade de auga a carón do paso por debaixo da vía do tren, o que supón un perigo para circular ou camiñar por esa pista, e tanta auga pasando por ela acabou por desfacela de todo, e agora hai uns buratos enormes.
Xa no pleno do mes de xaneiro o BNG pediu que se solucionara o da auga que cae nese punto, e se arranxara a pista, ao igual que noutras do concello donde hai problemas parecidos.
Como o problema sigue sin solucionarse, e a auga sigue caindo anque deixou de chover, os veciños están a recoller firmas para que dunha vez se tomen medidas para que se poida volver a circular por esa pista con normalidade.
IMG-20140314-WA0003
IMG_20140129_125049
IMG_20140129_125023

Deixar un comentario